Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 6 de marzo de 2013 Páx. 6544

I. Disposicións xerais

Consellería de Sanidade

DECRETO 41/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade.

A Lei de saúde de Galicia sinala que lle corresponden á Consellería de Sanidade as competencias en materia de saúde, atribuídas á Comunidade Autónoma polo Estatuto de autonomía de Galicia. Igualmente asume a dirección do Sistema público de saúde de Galicia, conforme os principios obxectivos da concepción integral da saúde, na cal se inclúe a promoción da saúde, a protección fronte á situación e circunstancias que supoñen un risco para ela, a calidade dos servizos e a mellora continua da organización sanitaria, a atención ás necesidades de saúde da poboación, así como a eficiencia, efectividade e eficacia na xestión do sistema sanitario.

Para acadar estes obxectivos a Consellería de Sanidade debe dispor dunha organización administrativa que actúe con eficacia na xestión dos servizos que ten encomendados, conforme os criterios de austeridade e eficiencia que ten establecidos a Xunta de Galicia. Estes criterios, que xa foron unha referencia na anterior lexislatura, mantéñense e mesmo incrementan a súa incidencia nesta, coa aprobación do Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, no cal se produce unha diminución significativa da estrutura da Xunta de Galicia.

Conforme o establecido no decreto citado, a Consellería de Sanidade dispón dunha estrutura directiva reducida, da cal forman parte como órganos superiores a persoa titular da Consellería, a Secretaría Xeral Técnica e a Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública.

Polo que se refire á estrutura periférica da Consellería, mantense a existente ata o momento coas xefaturas territoriais da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra. Na Delegación Territorial de Vigo sitúase o Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios con competencia para todo o ámbito da provincia de Pontevedra.

Con respecto ao modelo organizativo mantense o criterio de separar a planificación, a ordenación, o financiamento e a avaliación da xestión do Sistema público de saúde de Galicia, que corresponde á Consellería de Sanidade, así como as competencias en materia de innovación e saúde pública, sen prexuízo das competencias que asuma a axencia a que se fai referencia na disposición adicional quinta do Decreto 235/2012, do 5 de decembro. O Servizo Galego de Saúde, polo súa parte, encargarase da provisión de recursos e da realización das prestacións sanitarias, como provedor de servizos.

Así mesmo, establécense na estrutura os órganos colexiados de participación e de coordinación da Consellería, diminuíndo estes últimos con respecto aos existentes ata o momento, e quedando unicamente o Consello de Dirección da Consellería que asume as funcións do Comité Executivo, cuxa composición se modifica igualmente.

Xa que logo, en virtude do disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta da conselleira de Sanidade, cos informes previos da Consellería de Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e un de febreiro de dous mil trece,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I
Ámbito competencial

Artigo 1. Ámbito competencial

1. A Consellería de Sanidade é o órgano da Administración autonómica responsable da superior dirección e control do desenvolvemento das funcións e competencias que corresponden á Xunta de Galicia en materia de sanidade, de acordo co establecido no Estatuto de autonomía de Galicia, na Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, e na Lei 5/1999, do 21 de maio, de ordenación farmacéutica.

2. Así mesmo, correspóndelle o exercicio das competencias que para situacións sanitarias urxentes ou de necesidade se recollen na Lei orgánica 3/1986, do 14 de abril, de medidas especiais en materia de saúde pública.

Artigo 2. Estrutura xeral da Consellería

1. A Consellería de Sanidade, para o cumprimento das súas funcións, contará coa seguinte estrutura nos seus servizos centrais:

I) Órganos centrais.

a) A conselleira.

b) A Secretaría Xeral Técnica.

c) A Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública.

II) Órganos colexiados.

a) O Consello Galego de Saúde e o Consello Asesor do Sistema Público de Saúde de Galicia.

b) O Consello de Dirección da Consellería de Sanidade.

III) Órganos periféricos.

As xefaturas territoriais.

2. Está adscrito á Consellería de Sanidade o Servizo Galego de Saúde, organismo autónomo de carácter administrativo regulado pola Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, de creación do Servizo Galego de Saúde.

CAPÍTULO II
Órganos centrais

Artigo 3. A conselleira

A conselleira de Sanidade é a autoridade superior da Consellería, e con tal carácter desempeña e exerce as competencias que lle confiren a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, a Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, a Lei 5/1999, do 21 de maio, de ordenación farmacéutica de Galicia, e demais normativa de aplicación.

Artigo 4. A Secretaría Xeral Técnica

1. A Secretaría Xeral Técnica exercerá as funcións e competencias establecidas no artigo 29 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, en relación con todas as unidades e servizos dependentes da Consellería de Sanidade e a inspección dos servizos, centros e organismos dependentes ou adscritos á Consellería, sen prexuízo das funcións que se lles atribúan a outros órganos das diferentes consellerías da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Correspóndenlle tamén:

a) Con respecto aos sistemas e tecnoloxías de información, e baixo a perspectiva de articular un proxecto único para a Consellería de Sanidade e para o Servizo Galego de Saúde, o deseño da estrutura básica do sistema de información do sistema sanitario de Galicia, a normalización, mantemento e explotación dos sistemas e tecnoloxías de información e a definición, coordinación e supervisión dos plans de información e sistemas da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, sen prexuízo das funcións atribuídas a outros órganos das consellerías da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou a outras entidades instrumentais. A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade poderá definir e articular as comisións técnicas necesarias para o seu desenvolvemento.

b) A inspección, que se exercerá sobre todos os centros, servizos, establecementos e prestacións sanitarias e farmacéuticas de titularidade pública ou privada da Comunidade Autónoma de Galicia. Os efectivos que desenvolvan esta función dependerán organicamente da xefatura territorial que corresponda e funcionalmente da Secretaría Xeral Técnica.

c) A ordenación das actuacións preliminares ou investigacións reservadas previas, e a iniciación dos procedementos disciplinarios e o exercicio das potestades disciplinarias dos recursos humanos da Consellería e do Servizo Galego de Saúde, sen prexuízo das competencias atribuídas á Consellería de Facenda.

d) A ordenación das actuacións preliminares ou investigacións reservadas previas e a iniciación e resolución dos procedementos sancionadores a centros, servizos e establecementos sanitarios, incluídas as oficinas de farmacia e almacéns farmacéuticos de distribución, dos servizos de farmacia e depósitos de medicamentos, das boticas anexas e dos establecementos de fabricación, distribución e de venda de produtos sanitarios, sen prexuízo dos supostos en que a resolución dos procedementos corresponda a outros órganos distintos, de acordo co previsto na normativa vixente.

e) O exercicio das funcións e competencias que lle son atribuídas en materia de oficinas de farmacia.

f) A elaboración, redacción, seguimento e avaliación dos plans de traballo establecidos no ámbito da sanidade galega, así como as funcións de coordinación, apoio e documentación nas relacións que, en materia sanitaria, mantén a consellería con outras administracións públicas e co Consello Interterritorial do Sistema Nacional da Saúde.

g) A coordinación da biblioteca virtual-Bibliosaúde do Sistema público de saúde de Galicia, para o cal contará co apoio da Comisión Técnica Asesora de Bibliosaúde.

h) A coordinación das actuacións relacionadas coa planificación, ordenación, aseguramento sanitario e o sistema de información poboacional do Sistema sanitario público de Galicia, sendo competente para resolver as solicitudes de incorporación de técnicas, tecnoloxías e procedementos á súa carteira de servizos, sen prexuízo das competencias atribuídas a outras entidades.

i) Aquelas competencias que lle atribúa a normativa en vigor e o exercicio das funcións que lle sexan singular ou especificamente encomendadas ou delegadas pola persoa titular da Consellería.

Artigo 5. Estrutura da Secretaría Xeral Técnica

1. A Secretaría Xeral Técnica, para o exercicio das competencias e funcións encomendadas, contará coa seguinte estrutura:

a) A Vicesecretaría Xeral.

b) A Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Administrativo.

c) A Subdirección Xeral de Sistemas e Tecnoloxías da Información.

d) A Subdirección Xeral de Inspección, Auditoría e Acreditación de Servizos Sanitarios.

e) A Subdirección Xeral de Planificación Sanitaria e Aseguramento.

2. Dependen organicamente da Secretaría Xeral Técnica, con nivel de subdirección xeral, as seguintes unidades:

a) Intervención Delegada.

b) Asesoría Xurídica, que se rexerá polo disposto no Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, e contará co número de efectivos que se determine na correspondente relación de postos de traballo.

3. Adscríbense á Secretaría Xeral Técnica o Comité Ético de Investigación Clínica ou órgano que o substitúa e o Rexistro Galego de Instrucións Previas.

Artigo 6. A Vicesecretaría Xeral

1. Á Vicesecretaría Xeral, con nivel orgánico de subdirección xeral, correspóndelle, como órgano de apoio ao secretario xeral, o exercicio das seguintes funcións:

a) O apoio na xestión e o seguimento e coordinación das distintas unidades da Consellería, dos servizos administrativos do Servizo Galego de Saúde e demais entidades adscritas, así como a elaboración de estudos e propostas nas materias de estrutura, organización, deseño de procedementos administrativos, tanto nos servizos centrais como periféricos.

b) Prestar asistencia técnico-xurídica e administrativa á persoa titular da Secretaría Xeral Técnica en todos os asuntos que esta lle encomende.

c) Substituír a persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da Consellería nos casos de ausencia, enfermidade ou vacante.

d) A coordinación normativa da Consellería e do Servizo Galego de Saúde e o control da normativa sanitaria das comunidades autónomas e do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e da Unión Europea.

e) O exame e coordinación dos proxectos normativos do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e das demais consellerías da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) A coordinación dos asuntos da Comisión Delegada e do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde e de asuntos dos órganos de participación nas institucións da Unión Europea que non estean expresamente asignados a outras unidades da Consellería ou do Servizo Galego de Saúde.

g) A coordinación das publicacións da Consellería e do Servizo Galego de Saúde e da información estatística.

h) A coordinación dos asuntos do Consello da Xunta de Galicia e da Comisión de Secretarios Xerais.

i) A revisión e proposta de actualización da normativa sanitaria da Consellería e do Servizo Galego de Saúde, sen prexuízo das funcións que nesta materia lle poidan corresponder a outras unidades.

j) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito competencial lle sexan asignadas ou delegadas.

2. Contará, a nivel orgánico de servizo, coa seguinte unidade:

2.1. Servizo de Xestión Administrativa, Publicacións e Estatística.

Correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) O apoio administrativo no seguimento das accións de coordinación encomendadas á Vicesecretaría Xeral e na elaboración de propostas en materia de organización e deseño de procedementos administrativos, tanto nos servizos centrais como nos periféricos da Consellería.

b) A participación no seguimento e actualización da normativa xurídica da Consellería, das comunidades autónomas, da Administración estatal e da UE.

c) A xestión das publicacións da Consellería e do Servizo Galego de Saúde e as actuacións correspondentes como órgano coordinador en materia de estatística, formando parte do órgano sectorial.

d) A elaboración do plan editorial da Consellería e do Servizo Galego de Saúde, así como a normalización e supervisión das memorias dos centros e servizos sanitarios.

e) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

Artigo 7. A Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Administrativo

1. É a unidade encargada do asesoramento técnico-xurídico e administrativo da Secretaría Xeral Técnica, correspondéndolle a tramitación dos proxectos de disposicións de carácter xeral, instrucións e ordes de servizo; a tramitación de convenios de colaboración; a tramitación de recursos contra actos dos órganos da Consellería e do Servizo Galego de Saúde, salvo os referentes á contratación administrativa e en materia de recursos humanos e aqueloutros que, pola súa materia, sexan competencia doutros órganos ou unidades; a resolución dos expedientes de reclamacións patrimoniais e as resolución en materia de oficinas de farmacia e boticas anexas.

2. Correspóndelle tamén a coordinación dos servizos de carácter xeral de réxime interior; a coordinación das publicacións da Consellería e do Servizo Galego de Saúde nos diarios oficiais e a coordinación da tramitación dos expedientes disciplinarios do persoal funcionario e laboral con destino na Consellería e no Servizo Galego de Saúde, salvo aqueles que presten servizos asistenciais nas institucións sanitarias dependentes deste.

3. Contará, co nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

3.1. Servizo Técnico-Xurídico.

Correspóndelle a este servizo a realización das seguintes funcións:

a) A tramitación dos convenios de colaboración da Consellería e do Servizo Galego de Saúde.

b) A revisión técnica e tramitación dos proxectos de disposicións de carácter xeral, así como a tramitación e rexistro de instrucións e ordes de servizo tanto da Consellería como do Servizo Galego de Saúde.

c) A tramitación das resolucións de expedientes sancionadores derivados de infraccións moi graves en materia de saúde pública.

d) A tramitación dos recursos contra actos dos órganos da Consellería e do Servizo Galego de Saúde, salvo os referentes a contratación e recursos humanos, e aqueloutros que, pola súa materia, sexan competencia doutros órganos ou unidades.

e) A tramitación das resolucións de expedientes de responsabilidade patrimonial, logo de remisión da instrución e proposta de resolución pola unidade competente por razón da materia e as actuacións de coordinación co seguro de responsabilidade patrimonial correspondente, sen prexuízo das funcións encomendadas a outras unidades.

f) A tramitación das resolucións en materia de apertura e funcionamento, ampliación, modificación, traslado, transmisión e peche de oficinas de farmacia e boticas anexas; así como en materia de formulación maxistral e preparados oficinais.

g) A preparación das compilacións das disposicións vixentes así como a tramitación das propostas de refundición e revisión dos textos legais que afecten a Consellería e o Servizo Galego de Saúde.

h) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

3.2. Servizo de Réxime Interior.

Correspóndelle a este servizo a realización das seguintes funcións:

a) As relativas ao réxime interior, rexistro e arquivo xeral da Consellería.

b) A tramitación e coordinación das publicacións de disposicións e outros actos ditados por órganos da Consellería e do Servizo Galego de Saúde no Diario Oficial de Galicia e demais diarios oficiais.

c) A xestión dos libros de rexistro e demais funcións en relación coas fundacións de interese galego sobre as que a Consellería exerza o protectorado.

d) A coordinación en materia de políticas de prevención de riscos laborais, no ámbito do persoal da Consellería e servizos centrais do Servizo Galego de Saúde.

e) A iniciación e tramitación dos expedientes disciplinarios do persoal funcionario, salvo que preste servizos asistenciais nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e do persoal laboral, sempre que presten os seus servizos na Consellería ou no Servizo Galego de Saúde.

f) A xestión de subministracións de material de oficina, imprenta e consumibles informáticos para as distintas unidades dos servizos centrais da Consellería e do Servizo Galego de Saúde.

g) A coordinación e xestión do parque móbil sectorial da Consellería e do Servizo Galego de Saúde.

h) En xeral, aquelas que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

Artigo 8. A Subdirección Xeral de Sistemas e Tecnoloxías da Información

1. É a unidade responsable de planificar, executar e/ou coordinar calquera iniciativa que se leve a cabo no ámbito dos sistemas e tecnoloxías de información na Consellería de Sanidade, no Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas. No ámbito das funcións atribuídas a esta unidade atópanse a planificación estratéxica, o deseño, adquisición, implantación, formación, soporte, normalización e mantemento dos sistemas de información sanitarios e a plataforma e servizos TIC que os sustentan, elaborando as propostas relativas á normativa nese ámbito e as medidas técnicas de todos os proxectos que impliquen integrar ou compartir información nos centros sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, constituíndo a unidade de referencia para as unidades TIC dependentes da Consellería e do Servizo Galego de Saúde, e coordinará nese ámbito os plans de formación coas unidades competentes en materia de formación.

2. Correspóndenlle, así mesmo, as funcións de:

a) Asegurar a dispoñibilidade e integridade da información no sistema sanitario e da implantación de sistemas de xestión de seguridade, incluíndo o marco legal, e da calidade tanto da información como da plataforma e os servizos que a sustentan, realizando as auditorías que correspondan.

b) Coordinar as iniciativas de I+D+i no ámbito das TIC sanitarias e realizar a supervisión da plataforma tecnolóxica que dea soporte a estas actividades dentro do Sistema público de saúde de Galicia, en coordinación coas unidades competentes na materia.

c) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito competencial, lle sexan asignadas ou delegadas.

3. Contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

3.1. Servizo de Xestión de Proxectos de Sistemas de Información.

Correspóndelle a este servizo a realización das seguintes funcións:

a) A planificación, xestión e execución dos proxectos de sistemas de información nas áreas clínico-asistenciais, de xestión económica, de recursos humanos, inspección, aseguramento, planificación e saúde pública.

b) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

3.2. Servizo de Soporte e Implantación.

Correspóndelle a este servizo a realización das seguintes funcións:

a) A organización, planificación, xestión e supervisión do soporte, formación e implantación de aplicacións e sistemas informáticos nos seus distintos niveis de especialización, en todos os centros dependentes.

b) O aseguramento da calidade e seguridade destes.

c) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

3.3. Servizo de Infraestruturas e Arquitecturas Tecnolóxicas.

Correspóndelle a este servizo a realización das seguintes funcións:

a) A planificación, instalación e xestión da plataforma tecnolóxica: centro de proceso de datos, infraestrutura de servidores, «software» de base, sistemas de almacenamento, rede corporativa de voz e datos, telefonía IP, centrais de chamadas e a intranet e web da organización.

b) A elaboración e o aseguramento do cumprimento das políticas, metodoloxías e normativas TIC da organización.

c) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

Artigo 9. A Subdirección Xeral de Inspección, Auditoría e Acreditación de Servizos Sanitarios

1. É a unidade da cal depende a actividade inspectora, de auditoría e de acreditación incluída no ámbito competencial da Consellería de Sanidade, que se exercerá sobre todos os centros, servizos, establecementos sanitarios e prestacións sanitarias de titularidade pública ou privada da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Correspóndelle á Subdirección Xeral de Inspección, Auditoría e Acreditación de Servizos Sanitarios a realización das seguintes funcións:

a) A inspección, acreditación e auditoría de centros, servizos e establecementos sanitarios e outros establecementos suxeitos a control sanitario, incluíndo auditorías docentes de acreditación MIR; a determinación de novas liñas de auditoría para acreditación de centros; a coordinación das funcións de apoio que desenvolva a Inspección Central na Comunidade Autónoma de Galicia, así como a elaboración das propostas de resolución das autorizacións relativas a centros, servizos sanitarios e establecementos farmacéuticos de distribución.

b) A inspección de servizos sanitarios en materia de saúde laboral, así como o seguimento do desenvolvemento e execución das actuacións inspectoras en materia de incapacidade laboral.

c) A inspección e control da xestión das prestacións sanitarias tanto no sistema público coma no privado.

d) A xestión dos expedientes de responsabilidade patrimonial por danos derivados da asistencia sanitaria, que sexan instruídos pola Inspección de Servizos Sanitarios.

e) As relacións coa Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios en materia de inspección, así como a participación e colaboración co Comité Técnico de Inspección desta axencia.

f) O desenvolvemento e a execución das normas de correcta fabricación dos laboratorios farmacéuticos, e das boas prácticas de distribución de medicamentos e produtos sanitarios nos almacéns de distribución destes produtos, así como o desenvolvemento e a execución das boas prácticas clínicas.

g) A elaboración e proposta dos plans de formación continuada para o persoal de inspección de servizos sanitarios.

h) O control do cumprimento da normativa sanitaria nos centros, servizos e establecementos sanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia, incluída a publicidade sanitaria.

i) Ordenar actuacións preliminares ou investigacións reservadas previas á incoación de procedementos disciplinarios ao persoal estatutario, así como a elaboración das propostas de iniciación e de resolución dos expedientes disciplinarios do persoal estatutario e as propostas de resolución dos recursos que se presenten nos ditos procedementos.

j) Ordenar actuacións preliminares ou investigacións reservadas previas á incoación de procedementos sancionadores de centros, servizos ou establecementos sanitarios, así como a elaboración das propostas de iniciación e de resolución de expedientes sancionadores a establecementos farmacéuticos e outros centros, servizos e establecementos sanitarios e a tramitación dos recursos que se presenten nos ditos procedementos.

k) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito competencial, lle sexan asignadas ou delegadas.

3. Contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

3.1. Servizo de Xestión Xurídico-Administrativa e Procedemento Disciplinario.

Correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A xestión, coordinación e seguimento da adecuación normativa das actuacións administrativas da inspección, así como a realización de estudos, proxectos e informes da Inspección de Servizos Sanitarios.

b) O estudo, coordinación e elaboración das propostas de iniciación e da resolución dos expedientes disciplinarios do persoal estatutario e funcionario con funcións asistenciais das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, así como a tramitación das incidencias e dos recursos que se presenten nos ditos procedementos.

c) A colaboración coa Asesoría Xurídica e, se é o caso, cos órganos xurisdicionais competentes respecto dos expedientes disciplinarios do persoal referido no punto anterior.

d) A elaboración dos acordos, resolucións ou actos administrativos relativos á execución de sentenzas que se diten en materia de expedientes disciplinarios referidos na letra b).

e) O apoio técnico-xurídico na tramitación dos expedientes disciplinarios referidos a este persoal.

f) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

3.2. Servizo de Autorización de Centros, Servizos e Establecementos Sanitarios.

Correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A coordinación, dirección e soporte común para a tramitación das autorizacións sanitarias de funcionamento, modificación, traslado, renovación e peche, así como a elaboración das propostas de resolucións de autorización relativas a centros, servizos sanitarios e establecementos farmacéuticos de distribución.

b) A elaboración, avaliación e control de calidade de criterios sanitarios á hora de aplicar a lexislación sanitaria no ámbito da autorización sanitaria, así como a elaboración de protocolos como ferramentas de traballo para facilitar o labor inspector e propostas de regulamentación sobre autorizacións de centros, servizos e establecementos sanitarios.

c) O control da vixencia das autorizacións sanitarias de todos os centros, servizos e establecementos sanitarios autorizados, así como do cumprimento da normativa vixente e, en concreto, o control da publicidade sanitaria destes.

d) A emisión de informes relacionados coas autorizacións, por petición doutras unidades administrativas competentes, en relación coa instrución de procedementos disciplinarios ou sancionadores, así como aqueles necesarios para a acreditación sanitaria de centros hospitalarios.

e) A xestión do rexistro de centros, servizos e establecementos sanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia e o arquivamento, xestión e custodia dos expedientes administrativos de autorización de centros, servizos e establecementos farmacéuticos de distribución.

f) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

3.3. Servizo de Reclamacións, Acreditación, Auditorías e Calidade.

Correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A xestión, desenvolvemento e participación no programa de acreditación de centros hospitalarios e sociosanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia, incluída a secretaría da comisión correspondente e a elaboración e actualización dos protocolos ou propostas normativas correspondentes.

b) A colaboración co Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade no Plan de auditorías docentes de formación sanitaria especializada (Sistema MIR).

c) A xestión das auditorías funcionais ou de actividade, e as investigacións ordenadas pola Secretaría Xeral Técnica e/ou pola Subdirección Xeral de Inspección, Auditoría e Acreditación de Servizos Sanitarios nesta materia.

d) A avaliación e informe das queixas ou reclamacións presentadas polos usuarios dos servizos sanitarios en relación coas garantías dos seus dereitos que se trasladen á Inspección de Servizos Sanitarios.

e) O control, xestión e desenvolvemento das actividades que se realicen para o control da incapacidade temporal, seguimento do desenvolvemento e execución de programas e actividades en materia de continxencias comúns e profesionais protexidas polo sistema da Seguridade Social, incluído o programa de control sobre o persoal funcionario da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) O desenvolvemento e evolución continua da aplicación informática para a xestión e control de incapacidade temporal e da de sospeitas de enfermidade profesional.

g) A elaboración e actualización dos protocolos de auditoría dos servizos de prevención da Comunidade Autónoma de Galicia, no que se refire á especialidade de Medicina do Traballo; o seguimento do desenvolvemento e execución das auditorías correspondentes; o seguimento e control das investigacións sobre deficiencias nelas detectadas e xestión das inspeccións e informes respecto ao cumprimento dos requisitos de carácter sanitario dos servizos de prevención conforme o establecido na normativa vixente.

h) A xestión e elaboración das resolucións de autorización da asistencia médico-farmacéutica do persoal sanitario dos servizos de prevención acreditados.

i) A elaboración dos informes técnicos correspondentes sobre mutuas de accidentes de traballo e enfermidade profesional da Seguridade Social respecto da adecuación das instalacións e servizos propostos ás finalidades que deben cumprir.

j) A tramitación e xestión dos expedientes de responsabilidade patrimonial por danos derivados de asistencia sanitaria e desenvolvemento, implantación e evolución do aplicativo informático de xestión electrónica de responsabilidade patrimonial.

3.4. Servizo de Xestión de Expedientes Sancionadores.

Correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) O estudo, coordinación e elaboración das propostas de iniciación e da resolución dos expedientes sancionadores de centros, servizos e establecementos sanitarios, así como a tramitación dos recursos que se presenten nos ditos procedementos.

b) A elaboración das propostas de iniciación e resolución dos procedementos sancionadores a establecementos farmacéuticos.

c) O apoio técnico-xurídico aos servizos de Autorización de Centros, Servizos e Establecementos Sanitarios, e de Reclamacións, Acreditación, Auditorías e Calidade.

d) A colaboración coa Asesoría Xurídica e, se é o caso, cos órganos xurisdicionais competentes respecto dos expedientes sancionadores referidos nas alíneas a) e b).

e) A elaboración dos acordos, resolucións ou actos relativos á execución de sentenzas que se diten en materia dos expedientes disciplinarios sinalados na alínea a).

f) O apoio técnico-xurídico na tramitación dos expedientes sancionadores referidos.

g) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

Artigo 10. A Subdirección Xeral de Planificación Sanitaria e Aseguramento

1. Á Subdirección Xeral de Planificación Sanitaria e Aseguramento correspóndenlle as seguintes funcións:

a) A aplicación das directrices da Consellería en materia de planificación, ordenación, aseguramento sanitario e do sistema de información poboacional do Sistema público de saúde de Galicia.

b) A elaboración, en coordinación con outras unidades da Consellería e do Servizo Galego de Saúde, da proposta dos plans de saúde e de prioridades sanitarias.

c) Exercer a presidencia da Comisión Asesora para a Incorporación de Técnicas, Tecnoloxías ou Procedementos.

d) Todas aquelas funcións que, dentro do seu ámbito competencial, lle sexan asignadas ou delegadas.

2. Para o cumprimento das súas funcións contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

2.1. Servizo de Planificación e Ordenación Sanitaria.

Correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) O deseño metodolóxico, a elaboración da proposta e o seguimento dos plans de saúde e de prioridades sanitarias.

b) A elaboración da proposta de ordenación territorial sanitaria, e da ordenación farmacéutica, coa actualización do mapa farmacéutico e a elaboración de informes técnicos para a autorización da creación, apertura, modificación, traslado, peche, transmisión, establecemento de gardas, horarios e vacacións das oficinas de farmacia da Comunidade Autónoma.

c) A organización e xestión do sistema de información de profesionais sanitarios de Galicia, en coordinación coas unidades encargadas en materia de recursos humanos e de tecnoloxías da información, avaliando periodicamente as necesidades de especialistas sanitarios.

d) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

2.2. Servizo de Aseguramento e Centros Sanitarios.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) As propostas de aseguramento sanitario e a elaboración da guía de aseguramento en colaboración co Servizo de Tarxeta Sanitaria e Acreditación de Persoal.

b) A elaboración das propostas de incorporación das prestacións sanitarias non financiadas polo Sistema nacional de saúde, así como a xestión do procedemento de incorporación de novas técnicas, tecnoloxías e procedementos que, formando parte da carteira de servizos comúns do Sistema nacional de saúde, non se estean realizando no Sistema público de saúde de Galicia.

c) A coordinación dos programas de centros, servizos e unidades de referencia en Galicia.

d) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

2.3. Servizo de Tarxeta Sanitaria e Acreditación de Persoal.

Correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A elaboración dos procedementos que permitan garantir aos cidadáns a acreditación do dereito á asistencia sanitaria pública en Galicia.

b) A elaboración de procedementos en relación co acollemento e acreditación de colectivos non asegurados polo organismo competente nesta materia para recibir asistencia sanitaria en Galicia.

c) A ordenación e xestión dos documentos que posibiliten, tanto aos cidadáns como aos profesionais, o acceso aos diferentes servizos públicos de acordo coas previsións de cada programa.

d) En relación co sistema de información poboacional do Sistema público de saúde de Galicia correspóndelle o seu mantemento e xestión, a identificación única dos seus usuarios, o desenvolvemento de novas funcionalidades que faciliten a interacción dos cidadáns coa Administración sanitaria, e a integración dos datos necesarios para facilitar as tarefas de planificación e ordenación asistencial por parte doutras unidades.

e) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

Artigo 11. Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

1. A Dirección Xeral de Innovación e Xestión de Saúde Pública é o órgano encargado da promoción e protección colectiva da saúde da poboación galega e o desenvolvemento de sistemas de avaliación de tecnoloxías e programas sanitarios.

2. A súa misión é a mellora da saúde da poboación galega desde unha perspectiva comunitaria. Para isto, identifica perigos para a saúde, os problemas de saúde e as poboacións máis susceptibles; avalía os riscos asociados aos perigos e os problemas de saúde identificados; vixía e monitoriza os perigos, os riscos e os problemas de saúde que afectan a poboación galega e, de acordo coas políticas de saúde da Comunidade Autónoma de Galicia, propón, planifica e, se procede, desenvolve programas e actuacións para controlar os riscos de enfermar ou morrer prematuramente. Así mesmo, levará a cabo a avaliación do sistema sanitario e a abordaxe da protección radiolóxica.

3. Corresponde a esta dirección xeral, no marco da actuación sanitaria, o desenvolvemento das actividades como autoridade competente en materia de saúde pública e exercer a potestade sancionadora nos termos previstos na lexislación vixente. Para tal efecto, poderá acordar o inicio, de oficio, de expedientes sancionadores en materia de seguridade alimentaria, sanidade ambiental, alcohol, tabaco ou outras comprendidas no seu ámbito de actuación.

4. Así mesmo, a Dirección Xeral de Innovación e Xestión de Saúde Pública emitirá o informe vinculante a que fai referencia o artigo 4 da Lei 5/1995, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos sanitarios.

5. A Dirección Xeral de Innovación e Xestión de Saúde Pública contará, para o cumprimento destas competencias, coa seguinte estrutura:

a) A Subdirección Xeral de Información sobre Saúde e Epidemioloxía.

b) A Subdirección Xeral de Xestión.

c) A Subdirección Xeral de Programas de Control de Riscos Ambientais para a Saúde.

d) A Subdirección Xeral de Programas de Fomento de Estilos de Vida Saudables.

6. Dependerán directamente da persoa titular da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública:

a) A Unidade de Innovación en Saúde.

b) O Servizo da Axencia de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias.

7. Á Unidade de Innovación en Saúde, con categoría de servizo, correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A realización de actividades de soporte administrativo e técnico á actividade innovadora da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

b) A aplicación do modelo de xestión da innovación sanitaria aberta da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

c) A prestación de apoio administrativo aos diversos órganos colexiados da Plataforma de innovación sanitaria e aqueloutros relacionados coas actividades de innovación, dentro da Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde.

d) A difusión e a participación en iniciativas europeas de innovación e do clúster de saúde de Galicia.

e) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

8. Ao Servizo da Axencia de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A proposta de criterios de planificación e das directrices de carácter xeral e o seguimento con respecto á Axencia de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias da Administración do Estado; a identificación e o estudo das tecnoloxías sanitarias emerxentes e a coordinación e realización de informes técnicos e estudos de avaliación sobre tecnoloxías sanitarias, así como dos sistemas organizativos en que se desenvolve a atención sanitaria, de acordo cos criterios de seguridade, eficacia, efectividade e eficiencia e tendo en conta a súa valoración ética, clínica, económica e social.

b) O deseño de novas organizacións para a aplicación da alta tecnoloxía, así como as propostas de criterios de seguimento e avaliación das súas actividades; a coordinación, deseño, elaboración e difusión de guías de práctica clínica e de recomendacións na aplicación das tecnoloxías sanitarias.

c) A proposta de sistemas de información dirixidos a obter os datos necesarios para a avaliación de tecnoloxías.

d) A promoción da investigación científica dirixida a mellorar a metodoloxía necesaria no ámbito da avaliación de tecnoloxías sanitarias.

e) A emisión de informes dos plans e das propostas de novos recursos tecnolóxicos e de novos procedementos técnicos e outros medios sanitarios, cando así se lle solicite.

f) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

Artigo 12. A Subdirección Xeral de Información sobre Saúde e Epidemioloxía

1. Corresponde a esta subdirección xeral a aplicación e execución do Plan de saúde de Galicia e do Plan de prioridades sanitarias en materia de identificación de problemas de saúde, da avaliación de riscos dos problemas e perigos identificados, e dos programas ou procesos existentes para o seu control; a coordinación de iniciativas no ámbito dos sistemas de información de saúde pública, así como todas aquelas funcións que, dentro do seu ámbito competencial, lle sexan asignadas ou delegadas.

2. Para o cumprimento das súas funcións contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

2.1. Servizo de Epidemioloxía.

Correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A xestión dos sistemas de información de saúde pública e da Rede galega de vixilancia en saúde pública.

b) A xestión e control de abrochos epidémicos, alertas e crises sanitarias, mediante a coordinación e o seguimento do Sistema de alerta epidemiolóxica de Galicia.

c) O asesoramento e a promoción da formación en materia de método epidemiolóxico.

d) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

2.2. Servizo de Control de Enfermidades Transmisibles.

Correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A planificación, programación e a coordinación da execución das actividades de prevención e control das enfermidades transmisibles e a difusión da información relacionada con elas.

b) A planificación, coordinación e a xestión das actividades do Programa galego de vacinacións e a difusión da información sobre o programa.

c) A planificación, a coordinación e a xestión das actividades do Programa galego de prevención e control da tuberculose e a difusión da información do programa.

d) A planificación, coordinación e xestión da estratexia de prevención e control da infección VIH/sida en Galicia e a difusión da información do programa.

e) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

Artigo 13. Subdirección Xeral de Xestión

1. Corresponde a esta subdirección xeral o seguimento dos plans de saúde de Galicia e de prioridades sanitarias, a coordinación e dirección dos procesos estratéxicos e de soporte común e a avaliación e o control de calidade, así como a planificación e control do Laboratorio de Saúde Pública de Galicia e o apoio técnico aos departamentos territoriais e aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito competencial, lle sexan asignadas ou delegadas.

2. Para o cumprimento das súas funcións contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades.

2.1. Servizo de Coordinación da Xestión.

Correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A coordinación da xestión económica e orzamentaria, as actividades de deseño e produción das publicacións oficiais da Dirección Xeral, dos sistemas loxísticos de aprovisionamento e dos sistemas de comunicación interna da Dirección Xeral.

b) A coordinación e apoio no deseño dos programas de formación para o persoal da Dirección Xeral e aqueloutros aspectos da xestión de persoal, sen prexuízo das competencias atribuídas a outras unidades da Consellería.

c) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

2.2. Servizo de Inspección e Auditorías.

Correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) O apoio técnico ao Servizo de Laboratorio de Saúde Pública de Galicia.

b) O deseño e a promoción dos programas de formación para o persoal dos servizos de inspección de saúde pública.

c) A implantación da política de calidade establecida para os servizos de inspección de saúde pública, así como coordinar a xestión dos medios necesarios para a consecución dos obxectivos de calidade definidos e para a execución de actividades de inspección.

d) A elaboración do plan de auditorías, así como a coordinación e, cando proceda, a execución da dita planificación con respecto aos servizos de inspección de saúde pública, así como a elaboración da carteira de servizos.

e) A coordinación e execución, no seu ámbito, da supervisión das actividades de control oficial en materia de seguridade alimentaria e sanidade ambiental.

f) O apoio técnico ás xefaturas territoriais en materia de inspección de saúde pública.

g) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

2.3. Servizo de Laboratorio de Saúde Pública de Galicia.

Correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) O desenvolvemento das actividades do Laboratorio de Saúde Pública de Galicia e a execución das análises que se lle encomenden en materia de saúde pública.

b) A xestión e coordinación dos medios humanos e técnicos das unidades do Laboratorio de Saúde Pública de Galicia.

c) O deseño e a implantación dos programas de calidade no Laboratorio de Saúde Pública de Galicia.

d) O deseño e promoción dos programas de formación para o persoal do Laboratorio de Saúde Pública de Galicia.

e) A elaboración do plan de auditorías internas, así como a coordinación e, cando proceda, a execución da dita planificación.

f) A elaboración da carteira de servizos e a emisión de informes e avaliación dos programas e actividades encomendados.

g) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

2.4. Servizo de Xestión dos Procesos de Saúde Pública.

Correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A análise integral da información de saúde pública e a avaliación do estado de saúde da Comunidade Autónoma.

b) A difusión da información xerada nos sistemas de información de saúde pública e o intercambio desta con outras administracións públicas ou entidades con competencias na materia.

c) A implantación de procesos internos únicos, tanto na Dirección Xeral como nas xefaturas territoriais; así como a coordinación da política de xestión de proxectos da Dirección Xeral orientados á mellora de calidade dos servizos.

d) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas

Artigo 14. A Subdirección Xeral de Programas de Control de Riscos Ambientais para a Saúde

1. Correspóndelle a esta subdirección a aplicación das directrices da Dirección Xeral en materia de planificación e coordinación dos programas que actúen sobre os factores ambientais determinantes da saúde da poboación galega.

2. Así mesmo, desenvolverá as funcións de fomento da coordinación entre os distintos órganos dependentes da Consellería de Sanidade con competencias en materia de saúde laboral e a colaboración coas sociedades científicas e co Sistema nacional de saúde, establecendo as pautas e protocolos de actuación a que deberán someterse os servizos de prevención nas actuacións de carácter sanitario que se realicen nas empresas.

3. Para o cumprimento das súas funcións contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

3.1. Servizo de Seguridade Alimentaria.

Correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A planificación, programación, xestión e difusión da información das actividades de protección da saúde fronte aos riscos asociados ao consumo de alimentos.

b) A coordinación da actividade inspectora en materia de seguridade alimentaria.

c) A coordinación e o seguimento das actuacións no marco da Rede de alerta alimentaria.

d) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

3.2. Servizo de Sanidade Ambiental.

Correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A planificación, programación, xestión e difusión da información das actividades de protección da saúde da Comunidade Autónoma fronte aos riscos asociados aos ambientes específicos.

b) A proposta de informe vinculante para os efectos do establecido na normativa vixente en materia de augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos sanitarios.

c) A coordinación da actividade inspectora en materia de sanidade ambiental.

d) O fomento da coordinación entre os distintos órganos ou entidades dependentes da Consellería de Sanidade con competencias en materia de saúde laboral, así como colaborar no desenvolvemento dos protocolos de actuación a que deberán someterse os servizos de prevención nas actuacións de carácter sanitario que realicen nas empresas.

e) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

3.3. Servizo de Protección Radiolóxica.

Correspóndenlle as seguintes funcións, sen prexuízo das competencias atribuídas á Axencia Galega de Emerxencias en materia de protección civil e a outros órganos das distintas consellerías da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia:

a) Establecer un sistema de validación e seguimento que permita determinar se o programa de garantía de calidade en radioterapia, medicamento nuclear ou radiodiagnóstico se adecua aos obxectivos previstos, cumpre coas disposicións regulamentarias que lle sexan de aplicación e está implantado de forma efectiva, para os efectos da súa certificación; o seguimento e a vixilancia de cada un dos criterios de calidade establecidos en radioterapia, medicina nuclear ou radiodiagnóstico, realizando, se é o caso, as auditorías necesarias e as propostas de medidas correctoras ou procedementos que correspondan; promover a mellora da calidade, eficiencia e efectividade do acto radiolóxico médico evitando exposicións inadecuadas ou excesivas ás radiacións ionizantes.

b) Elaborar os criterios mínimos que garantan a seguridade, eficacia e eficiencia dos equipamentos das instalacións radiolóxicas, sen prexuízo das competencias do Consello de Seguridade Nuclear e outros organismos con autoridade na materia.

c) Elaborar o inventario dos equipos radiolóxicos das instalacións de radiodiagnóstico, radioterapia e de medicina nuclear e colaborar co Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade na realización do Censo nacional de instalacións radioactivas de uso médico.

d) A realización dos estudos necesarios para a actualización dos criterios de ordenación que, en relación coa protección radiolóxica, se apliquen na autorización previa á creación, ampliación e modificación de centros e establecementos sanitarios.

e) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

Artigo 15. A Subdirección Xeral de Programas de Fomento de Estilos de Vida Saudables.

1. Correspóndelle a aplicación e a execución das directrices da Dirección Xeral en materia de fomento de estilos de vida saudable e a coordinación das actividades de promoción e educación para a saúde.

2. Igualmente lle corresponden as seguintes funcións:

a) A planificación, programación e xestión das actividades dos programas de cribado poboacional de determinados problemas de saúde individual.

b) As actuacións en materia de drogodependencias e as que se asignan ao Comisionado do Plan de Galicia sobre Drogas no Decreto 254/1997, do 10 de setembro.

c) En xeral, todas aquelas funcións que dentro do seu ámbito lle sexan asignadas.

3. Para o cumprimento das súas funcións contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

3.1. Servizo de Estilos de Vida Saudables e Educación para a Saúde.

Correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A planificación, programación e a xestión das actividades dos programas de promoción de estilos de vida saudables e a difusión da información sobre os mencionados programas.

b) A planificación, programación e a xestión das actividades de prevención e control das enfermidades non transmisibles e a difusión da información sobre elas.

c) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

3.2. Servizo de Programas Poboacionais de Cribado.

Correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A planificación, a programación e a xestión das actividades dos programas poboacionais de cribado e a difusión de información sobre estas.

b) O estudo e deseño de propostas sobre novos programas de cribado poboacional.

c) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

3.3. Servizo de Prevención de Condutas Aditivas.

Correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) Elaboración, planificación e coordinación das actividades de prevención e control de trastornos adictivos.

b) A planificación e coordinación da actividade inspectora para o control da normativa referente ao consumo de tabaco, así como de todas aquelas actividades que así o requiran.

c) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

CAPÍTULO III
Órganos colexiados

Artigo 16. O Consello Galego de Saúde e o Consello Asesor do Sistema Público de Saúde de Galicia

1. O Consello Galego de Saúde é o principal órgano colexiado de participación comunitaria no Sistema público de saúde de Galicia ao cal lle corresponde o asesoramento á consellería competente en materia de sanidade na formulación da política sanitaria e o control da súa execución. Sen prexuízo do seu desenvolvemento regulamentario, a súa composición e funcións son os establecidos polo artigo 24 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

2. O Consello Asesor do Sistema Público de Saúde de Galicia é o órgano superior de consulta e asesoramento da Consellería de Sanidade. Sen prexuízo do seu desenvolvemento regulamentario, a súa composición e funcións son os establecidos polo artigo 78 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Artigo 17. O Consello de Dirección da Consellería de Sanidade

1. O Consello de Dirección é o órgano de coordinación da Consellería de Sanidade e estará integrado polos seguintes membros:

a) A persoa titular da Consellería de Sanidade, que ejercerá a súa presidencia.

b) A persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, que ejercerá a vicepresidencia e coordinación.

c) A persoa titular da Xerencia do Servizo Galego de Saúde.

d) A persoa titular da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública.

e) As persoas titulares dos centros directivos do Servizo Galego de Saúde.

2. Actuará como secretario do Consello de Dirección, con voz pero sen voto, un funcionario da Consellería de Sanidade nomeado pola persoa titular desta.

3. O Consello de Dirección funcionará sempre en pleno e reunirase con carácter ordinario, polo menos, unha vez ao mes, e extraordinariamente sempre que sexa convocado pola súa presidencia.

4. Poderán asistir ás sesións do Consello, con voz pero sen voto, profesionais técnicos, representantes de organismos ou outras entidades, cando a Presidencia o considere oportuno, tendo en conta os asuntos que se van tratar.

5. Serán funcións do Consello de Dirección:

a) Definir os posicionamentos, orientacións e proxectos de carácter estratéxico da Consellería de Sanidade, do Servizo Galego de Saúde e das entidades adscritas.

b) Definir as políticas de financiamento e orzamentos da Consellería de Sanidade, do Servizo Galego de Saúde e das entidades adscritas.

c) Definir as políticas de recursos humanos da Consellería de Sanidade, do Servizo Galego de Saúde e das entidades adscritas.

d) Elaborar todos aqueles informes, en materia da súa competencia, que lle sexan solicitados pola Presidencia do Consello de Dirección.

e) Efectuar o seguimento e acordar reorientacións, se é o caso, en orientacións políticas e estratéxicas da Consellería, políticas de investimentos e recursos humanos, políticas de financiamento e orzamentos.

f) Efectuar o seguimento e acordar reorientacións, se é o caso, dos proxectos adecuados ás estratexias definidas.

g) Efectuar o seguimento e acordar reorientacións, se é o caso, dos programas e procesos que se deben desenvolver.

h) Efectuar o seguimento e acordar reorientacións, se é o caso, do cadro de mando sobre os resultados obtidos.

i) A resolución de incidencias no seu ámbito.

CAPÍTULO IV
Órganos periféricos

Artigo 18. Xefaturas territoriais

Para o exercicio das súas competencias, a Consellería de Sanidade organízase nas xefaturas territoriais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, que desenvolverán as súas funcións no ámbito territorial provincial respectivo, sen prexuízo das funcións de coordinación do exercicio das competencias que asume cada xefatura no seu correspondente ámbito territorial, de acordo co disposto no artigo 2 do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia.

Artigo 19. Xefaturas territoriais da Coruña, Lugo e Ourense

1. As xefaturas territoriais da Coruña, Lugo e Ourense, á fronte das cales estará un xefe ou unha xefa territorial, exercerán as seguintes funcións:

a) A dirección e a xestión dos servizos da xefatura territorial e o exercicio da supervisión, coordinación e seguimento das súas actividades e, en particular, a información e atención ao cidadán, o rexistro e arquivamento e o réxime interior, asumindo a representatividade plena destes.

b) A dirección e coordinación do persoal da xefatura territorial da Consellería, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros órganos.

c) A elaboración da proposta das dotacións orzamentarias da xefatura territorial que se incluirá no anteproxecto de orzamentos da Consellería; o coñecemento e a dirección da xestión económica e o control da execución dos créditos orzamentarios asignados; a coordinación, execución e control dos plans e programas de actuación da Consellería, tanto no ámbito da planificación e ordenación sanitaria, como de farmacia e saúde pública, e a recepción, tramitación e resolución, se for o caso, de cantas denuncias, queixas e reclamacións se produzan no seu ámbito competencial.

d) A incoación e tramitación dos expedientes sancionadores derivados da comisión de infraccións administrativas no ámbito das súas competencias, e a resolución daqueles que lle atribúa a normativa vixente, así como acordar a suspensión temporal do exercicio de actividades, a incautación ou a inmobilización de produtos, a intervención de medios e outras de carácter cautelar, no ámbito da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, da normativa de ordenación farmacéutica e das normas sectoriais que resulten de aplicación.

e) As funcións encomendadas en materia de tramitación e proposta polo Decreto 146/2001, do 7 de xuño, sobre planificación, apertura, traslado, peche e transmisión de oficinas de farmacia, e as tamén encomendadas polo Decreto 176/2001, do 12 de xullo, sobre creación, apertura e funcionamento dos servizos de farmacia e depósitos de medicamentos nas estruturas de atención primaria, así como as previstas pola Orde do 20 de novembro de 2001 pola que se establecen os requisitos e procedementos de autorización das boticas anexas.

f) As funcións que lle outorga o Decreto 12/2009, do 8 de xaneiro, e demais normativa en materia de centros, servizos e establecementos sanitarios; as funcións establecidas no Decreto 97/1998, do 20 de marzo, en relación coa publicidade sanitaria e as funcións establecidas no Decretos 245/2009, do 30 de abril, Decreto 87/1990, do 15 de febreiro e Decreto 88/1990, do 15 de febreiro.

g) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

2. Para o desenvolvemento das funcións atribuídas contarán coas seguintes unidades con nivel orgánico de servizo:

2.1. Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria.

Correspóndelle a este servizo a realización das seguintes funcións:

a) A xestión da unidade provincial de tarxeta sanitaria, así como as funcións de planificación, ordenación e aseguramento sanitario, incluídas as relacionadas co aseguramento dos dereitos dos cidadáns que lle sexan encomendados.

b) A tramitación dos expedientes de autorización de instalacións, funcionamento, modificación e renovación dos centros, servizos e establecementos sanitarios, así como a xestión do rexistro dos seus profesionais de conformidade co establecido na normativa reguladora.

c) A tramitación da certificación técnico-sanitaria dos vehículos de transporte sanitario por estrada, de conformidade coa normativa vixente.

d) A tramitación e informe dos expedientes de solicitude de licenza de fabricación de produtos sanitarios a medida, a xestión da declaración de distribución e venda de produtos sanitarios; a tramitación da autorización de funcionamento, modificación e renovación de servizos e establecementos de farmacia, e dos depósitos de medicamentos, conforme a súa normativa reguladora, e a toma de posesión dos farmacéuticos de oficinas de farmacia.

e) A verificación da execución das medidas adoptadas pola Subdirección Xeral de Farmacia como consecuencia das alertas sobre riscos relacionados cos medicamentos ou produtos sanitarios nos centros, establecementos e servizos sanitarios, así como a tramitación da medicación estranxeira para pacientes ambulatorios.

f) A tramitación das denuncias sobre publicidade sanitaria.

g) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

2.2. Servizo de Xestión.

Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:

a) A organización da execución de programas e o control previo do gasto derivado da execución dos programas que se lle encomenden á xefatura territorial e, en xeral, a xestión económica da xefatura territorial.

b) A elaboración e emisión de informes técnico-xurídicos de apoio á xefatura territorial, así como a iniciación e resolución dos expedientes sancionadores derivados da comisión de infraccións administrativas cuxa competencia corrresponda á xefatura territorial conforme a normativa vixente.

c) A xestión e habilitación do persoal da xefatura territorial.

d) As propostas de recoñecemento de interese sanitario para actos de carácter científico e, en xeral, aquelas que dentro do seu ámbito lle sexan asignadas.

2.3. Servizo de Alertas Epidemiolóxicas.

Correspóndelle a realización das seguintes funcións:

a) A xestión e control de abrochos epidémicos, alertas e crises sanitarias e a coordinación e seguimento do Sistema de alerta epidemiolóxica.

b) A organización da execución das actividades do Plan de prevención e control das enfermidades transmisibles e do Programa galego de vacinacións.

c) A organización da execución de actividades de prevención e control de enfermidades non transmisibles e dos programas de promoción de estilos de vida saudables e de programas poboacionais de cribado; a coordinación e emisión de informes e avaliación dos programas e actividades encomendados, e, en xeral, aqueloutras que dentro do seu ámbito lle sexan asignadas.

2.4. Servizo de Control de Riscos Ambientais.

Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:

a) A tramitación e supervisión do cumprimento das directrices en materia de control de riscos ambientais para a saúde.

b) A vixilancia e control do cumprimento das disposicións ditadas en materia de seguridade alimentaria e sanidade ambiental e a execución das inspeccións nestas materias.

c) A implantación de políticas de calidade nos servizos de inspección.

d) A proposta de incoación de expedientes sancionadores en materia de seguridade alimentaria e/ou de sanidade ambiental, así como a tramitación dos expedientes administrativos de centros, establecementos e servizos non sanitarios ou substancias distintas dos medicamentos.

e) A coordinación e emisión de informes e avaliación dos programas encomendados

f) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

2.5. Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios.

O Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios, con dependencia orgánica da xefatura territorial e funcional da Secretaría Xeral Técnica da Consellería, de conformidade co respectivo ámbito de competencia, exercerá as seguintes funcións:

a) O desenvolvemento dos plans e programas de inspección no ámbito de servizos sanitarios e territoriais.

b) A inspección, avaliación e control da xestión e asistencia sanitaria prestada en todo tipo de centros e servizos, dos concertos e autorizacións de uso sanitario e a asistencia sanitaria prestada por mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, e empresas colaboradoras; dos dispositivos de coordinación de urxencias e prestacións sanitarias complementarias, dos dispositivos de transporte sanitario, así como a realización de propostas de autorizacións de centros e servizos sanitarios, da prestación farmacéutica e control de medicamentos e produtos sanitarios e do sistema de farmacovixilancia.

c) A inspección e control dos medios de publicidade do medicamento; as auditorías de garantía de calidade en protección radiolóxica; as auditorías e inspeccións de normas de correcta fabricación de laboratorios farmacéuticos e as auditorías e inspeccións de boas prácticas de distribución dos almacéns farmacéuticos de distribución; a inspección e control sanitario da incapacidade laboral e a colaboración coas entidades xestoras en materia laboral, así como a participación no equipo de valoración de incapacidades.

d) A inspección, avaliación e informe en relación cos aspectos sanitarios dos servizos de prevención de riscos laborais; instrucións do procedemento e elaboración dos informes técnico-sanitarios nos expedientes de responsabilidade patrimonial da Administración sanitaria.

e) A ordenación de investigacións previas reservadas en procedementos sancionadores de centros, servizos ou establecementos sanitarios, así como en procedementos disciplinarios de persoal estatutario, coa obriga de comunicar o acordo á Subdirección Xeral de Inspección, Auditoría e Acreditación de Servizos Sanitarios; a instrución e proposta dos procedementos disciplinarios do persoal estatutario; a instrución e proposta dos procedementos sancionadores a establecementos farmacéuticos, e outros centros, servizos e establecementos sanitarios; a inspección e informe das actividades de investigación, así como da docencia pregraduada e posgraduada nos centros sanitarios e a realización dos informes preceptivos establecidos no Real decreto 1598/2004, do 2 de xullo, polo que se modifica o Regulamento xeral de condutores.

f) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

Artigo 20. Xefatura Territorial de Pontevedra

1. A Xefatura Territorial de Pontevedra, á fronte da cal estará un xefe ou unha xefa territorial, exercerá as funcións que se establecen no artigo 19.1 deste decreto.

2. Para o desenvolvemento das funcións atribuídas contarán coas seguintes unidades con nivel orgánico de servizo:

2.1. Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria.

Correspóndenlle a este servizo as funcións que se indican no artigo 19.2.1 deste decreto.

2.2. Servizo de Xestión.

Correspóndenlle a este servizo as funcións que se indican no artigo 19.2.2 deste decreto.

2.3. Servizo de Alertas Epidemiolóxicas.

Correspóndenlle a este servizo as funcións que se indican no artigo 19.2.3 deste decreto.

2.4. Servizo de Control de Riscos Ambientais.

Correspóndenlle a este servizo as funcións que se indican no artigo 19.2.4 deste decreto.

Artigo 21. Delegación Territorial de Vigo

A Delegación Territorial de Vigo contará para o exercicio das súas competencias, en todo o ámbito provincial, co Servizo de Inspección dos Servizos Sanitarios, que dependerá organicamente da Xefatura Territorial de Pontevedra e funcionalmente da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade e ao cal lle corresponde a realización das funcións que se indican no artigo 19.2.5 do presente decreto.

Disposición adicional única. Atribución de funcións

As funcións e competencias atribuídas por outras normas ás extintas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade non previstas no presente decreto entenderanse atribuídas aos xefes ou ás xefas territoriais desta consellería.

Disposición transitoria primeira. Habilitación para adscrición do persoal

Cando, como consecuencia da estrutura orgánica que se establece neste decreto, se modifique a denominación ou o contido funcional das subdireccións xerais ou dos servizos, autorízase a persoa titular da Consellería de Sanidade, por proposta da Secretaría Xeral Técnica, para adscribir o persoal funcionario que ocupaba o posto existente ao posto equivalente que figura no presente decreto.

No caso de supresión ou amortización das subdireccións xerais ou xefaturas de servizo será de aplicación o establecido na normativa vixente en materia de función pública.

Disposición transitoria segunda. Adscrición provisional

As unidades e postos de traballo con nivel orgánico inferior ao de servizo correspondentes ás subdireccións xerais ou servizos suprimidos ou amortizados como consecuencia deste decreto continuarán subsistentes e retribuiranse con cargo aos mesmos créditos orzamentarios, ata que se aprobe a nova relación de postos de traballo adaptada á estrutura orgánica establecida neste decreto. As unidades e os postos de traballo encadrados nos órganos suprimidos adscribiranse provisionalmente, por orde da persoa titular da Consellería por proposta da Secretaría Xeral Técnica, aos órganos establecidos neste decreto en función das atribucións que teñan asignadas.

Disposición transitoria terceira. Relación de postos de traballo

A Consellería de Sanidade, de conformidade co disposto no artigo 17.5 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aprobou o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, elaborará a proposta de relación de postos de traballo resultantes da aplicación deste decreto, efectuando a súa tramitación de acordo coa normativa vixente.

Disposición transitoria cuarta. Créditos orzamentarios

Cando como consecuencia da estrutura orgánica que se establece neste decreto algunha das unidades administrativas existentes cambie a súa adscrición do Servizo Galego de Saúde á Consellería de Sanidade ou viceversa, ou dentro da mesma sección cambie de servizo, poderá continuar coa xestión dos créditos orzamentarios que teña encomendados independentemente do orzamento de gastos onde se sitúen estes.

Disposición derrogatoria

Queda derrogado o Decreto 310/2009, do 28 de maio, que establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade, así como aquelas disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ao disposto neste decreto.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento

Facultase a persoa titular da Consellería de Sanidade para ditar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento deste decreto.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e un de febreiro de dous mil trece

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Rocío Álvarez Mosquera
Conselleira de Sanidade