A Axencia de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias de Galicia (avalia-t) elaborou, en colaboración con pacientes e especialistas clínicos, o informe "Avaliación das necesidades e elaboración dun documento de información para pacientes con sarcoidose baseado na evidencia". O devandito informe e os documentos para pacientes vinculados serán publicados en datas próximas e estarán dispoñibles os seus textos completos na páxina web de avalia-t.​

Este traballo foi presentado no VII Congreso Nacional de Atención Sanitaria ao Paciente Crónico. II Conferencia Nacional do Paciente Activo, celebrado en Valladolid 5-7 marzo, con dúas comunicacións orais: " ¿Cales son as principais necesidades de información, valores e preferencias dos pacientes con sarcoidose?: estudo cualitativo"; presentada por Patricia Nogueira Fandiño, presidenta da Asociación Nacional de Enfermos de Sarcoidose (ANES) e "Desenvolvemento dun documento de información para pacientes con sarcoidose baseado na evidencia" presentada polo Dr. Roberto Pérez Álvarez, do Servizo de Medicina Interna. Hospital Meixoeiro, Vigo (Pontevedra)