A depresión maior na infancia e na adolescencia é un trastorno que representa un importante problema de saúde pública, cun gran impacto persoal e familiar, e é un dos principais factores de risco de suicidio en adolescentes. A pesar da súa relevancia, é un trastorno infradiagnosticado nestas idades e existe variabilidade no seu manexo clínico, con diferentes actitudes terapéuticas, de derivación ou de seguimento. Por todo iso supón un reto para o sistema sanitario e os profesionais implicados.
 Con esta GPC preténdese ofrecer aos profesionais sanitarios unha ferramenta útil que dea repostas ás cuestións clínicas máis relevantes relacionadas coa atención a este trastorno, en forma de recomendacións elaboradas de forma sistemática e baseada na evidencia dispoñible na actualidade. Preséntase en diferentes versións, a versión completa na que detalla todo o proceso para chegar ás recomendacións que mellor se axustan tanto á evidencia como á práctica asistencial habitual, e a versión rápida que tenta favorecer o seu uso. Tamén está dispoñible unha versión para cidadáns e unha infografía.