A xornada, celebrada o día 17 de decembro, tivo o obxectivo de dar a coñecer o traballo da Rede aos profesionais e directivos de Centros e Unidades de Xestión Clínica do Sistema Sanitario Público de Andalucía e do Sistema Nacional de Saúde, como principais destinatarios dos seus produtos.
 Además dunha sesión científica aberta, onde se abordou como a avaliación de tecnoloxías sanitarias intervén no proceso de toma decisións, en diferentes niveis da xestión, tivo lugar unha mesa redonda moderada por Mª Isabel Baena, directora xeral de Investigación e Xestión do Coñecemento, na que se presentou o modelo de traballo colaborativo da Rede Española de Axencias, o papel da Rede na definición da carteira básica de servizos do Sistema Nacional de Saúde, as ferramentas de priorización de temas para avaliación e as fórmulas de acceso a novas tecnoloxías.