A disfunción eréctil (DE) ou "incapacidade persistente para lograr ou manter unha rixidez suficiente do pene que permita unha actividade sexual satisfactoria", é unha patoloxía que podería afectar a ao redor do 12-19 % dos homes españois de entre 25 e 70 anos. O seu tratamento recoméndase realizalo sempre de forma graduada, comezando primeiramente polo farmacolóxico e continuando, en caso de fracaso ou contraindicación, coa administración intracavernosa de fármacos vasoactivos, os dispositivos sen carga e en última instancia, as próteses de pene. Estas clasifícanse en semirrígidas e inchables, sendo os primeiras dispositivos sinxelos e maleables, mentres que as segundas, máis sofisticadas, conseguen estados de erección e de flacidez moi similares ao natural. Galicia, con nove puntos por encima da media estatal, é a Comunidade con maior taxa de implantes de próteses de pene inchables por 100.000 homes, sen que en principio existan causas aparentes que xustifiquen esta variabilidade.

 O obxectivo do presente informe é avaliar a eficacia, efectividade e seguridade das próteses de pene no tratamento da disfunción eréctil do home, de acordo ao estado de coñecemento actual. Elaboración de criterios de selección dos pacientes candidatos e realización de recomendacións sobre a súa aplicación no noso contexto sanitario.