O implante autólogo de condrócitos postulouse como un tratamento efectivo para as lesións condrales do xeonllo. O obxectivo deste traballo é presentar os resultados da literatura sobre este procedemento e tamén os resultados do uso tutelado do mesmo nome financiado polo Ministerio de Sanidade e Consumo. No Uso Tutelado participaron 6 hospitais e 111 pacientes, algúns deles seguidos ata 5 anos. Pode afirmarse que o transplante autólogo de condrócitos é unha técnica segura, non obstante é necesario dispoñer de estudos comparativos para coñecer a súa efectividade. Os resultados da revisión sistemática indican que a eficacia deste procedemento non é superior a outras alternativas terapéuticas.