Introdución:

A próstata é unha glándula accesoria sexual masculina que a partir dos 40 anos de idade pode incrementar o seu tamaño xerando a hiperplasia benigna de próstata. É un dos tumores benignos máis frecuentes nos varóns maiores de 50 anos e a súa incidencia increméntase coa idade presentando unha elevada morbilidade, con importante repercusión na calidade de vida.
A resección transuretral de próstata segue sendo o tratamento de referencia pero a súa morbilidade asociada levou consigo ao desenvolvemento de diferentes tecnoloxías alternativas como a vaporización da próstata mediante o láser KTP, tamén denominado "láser verde". O seu mecanismo de acción consiste na introdución, a través da uretra, da fibra óptica do láser a través dun cistoscopio que funciona cun feixe de luz cunha lonxitude de onda de 532 nanómetros e cunha grande afinidade pola hemoglobina. Traballa a gran potencia vaporizando a próstata e converténdoa en vapor de auga e elimínaa por un sistema de irrigación continua. Ao fotosellar os vasos sanguíneos e ao utilizar salino non hai posibilidade de reabsorción de líquidos e practicamente evita a posibilidade de sangrado.

Obxectivos:

Avaliar a eficacia/efectividade e seguridade da fotovaporización selectiva mediante o láser KTP ou láser verde no tratamento da hiperplasia benigna de próstata.

Métodos:

Realizouse unha revisión da literatura científica en setembro de 2007 sen límite temporal nas principais bases de datos, entre outras:


-Bases de datos especializadas en revisións sistemáticas, tales como HTA < DARE (Database of Abstracts of Reviews of Effectiveness), NHS EED (Economic Evaluation Database del National Health Service) ou a Biblioteca Cochrane Plus.
-Bases de datos xerais, como Medline, Embase e ISI WOK.  

 

...............Ver texto completo