A hiperplasia benigna de próstata (HBP) é un dos tumores benignos máis frecuentes en homes maiores de 50 anos. O tratamento cirúrxico vai dirixido a diminuír os síntomas obstructivos urinarios e mellorar a calidade de vida do paciente, para iso a resección transuretral de próstata (RTUP) é o tratamento de referencia. Co fin de diminuír as complicacións asociadas á RTUP, nos últimos anos desenvolvéronse novos tratamentos alternativos entre os que destacan diferentes técnicas láser.A hiperplasia benigna de próstata (HBP) é un dos tumores benignos máis frecuentes en homes maiores de 50 anos. O tratamento cirúrxico vai dirixido a diminuír os síntomas obstructivos urinarios e mellorar a calidade de vida do paciente, para iso a resección transuretral de próstata (RTUP) é o tratamento de referencia. Co fin de diminuír as complicacións asociadas á RTUP, nos últimos anos desenvolvéronse novos tratamentos alternativos entre os que destacan diferentes técnicas láser.
 Os obxectivos do informe son: realizar unha revisión sistemática sobre a eficacia e seguridade das diferentes técnicas láser, en comparación coa resección transuretral, no tratamento da hiperplasia benigna de próstata; e elaborar unha proposta de indicadores de calidade para avaliar os resultados da súa implantación na práctica clínica.