​​O principal obxectivo deste informe é avaliar a efectividade dos diferentes métodos de detección da expresión do E6 E7 mRNA do virus do papiloma humano (HPV) no cribado de cancro de cérvix, avaliando o seu uso en diferentes aplicacións clínicas: 1) utilización como método primario de cribado, 2) triage de mulleres con resultados indeterminados ou lesións intraepiteliais de baixo grao e 3) triage de mulleres con resultados positivos nas probas de HPV DNA.

 As probas moleculares de detección do HPV DNA son significativamente máis sensibles que a citoloxía para identificar lesións previas ó cancro e cancro de cérvix. Nembargantes, a súa baixa especificidade, constitúe un gran inconveniente para o seu uso como proba de cribado, debido ó elevado risco de sobrediagnóstico e sobretratamento. Por esta razón comenzouse a investigar novas estratexias de detección de HPV que melloren a súa especificidade.

 Unha destas estratexias é a detección de E6/E7 mRNA. A sobreexpresión dos oncoxenes E6/E7 é necesaria para a transformación oncoxénica e polo tanto cabería esperar que a súa detección sexa indicativa das mulleres que realmente terían un alto risco de desenrrolar cancro, reducindo así o número de falsos positivos.