​A Axencia de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias de Galicia (avalia-t) realizou no año 2010 un informe sobre o tratamento da hiperplasia benigna de próstata (HBP) mediante láser, na que se elaborou unha proposta de 19 indicadores de calidade baseados na evidencia para a súa avaliación.

A segunda fase do proxecto pretende que un panel de expertos no manexo da hiperplasia benigna de próstata (HBP) valore a adecuación destes indicadores para avaliar a calidade do tratamento cirúrxico da HBP, realizado con diferentes técnicas.