O pasado mércores 21 de febreiro do 2018, no Salón de Actos da Consellería de Sanidade terá lugar o acto de presentación da versión actualizada da Guía de Práctica Clínica sobre a Depresión Maior na Infancia e a Adolescencia.

No acto, que estará presidido polo Conselleiro de Sanidade, haberá unha mesa na que se presentará a guía e se abordarán os aspectos contextuais e metodolóxicos, así coma os principais aspectos clínicos e retos para o sistema sanitario.

A depresión maior na infancia e na adolescencia é un trastorno que representa un importante problema de saúde pública, cun gran impacto persoal e familiar, e é un dos principais factores de risco de suicidio en adolescentes. A pesar da súa relevancia, é un trastorno infradiagnosticado nestas idades e existe variabilidade no seu manexo clínico, con diferentes actitudes terapéuticas, de derivación ou de seguimento. Por todo iso supón un reto para o sistema sanitario e os profesionais implicados. Con esta GPC preténdese ofrecer aos profesionais sanitarios unha ferramenta útil que dea repostas ás cuestións clínicas máis relevantes relacionadas coa atención a este trastorno, en forma de recomendacións elaboradas de forma sistemática e baseada na evidencia dispoñible na actualidade.

20180221_ActoGuia.png

20180221_ActoGuia_2.png

Programa Presentación GPC.pdf

​