Este ano celebrouse o 25 aniversario de Osteba, Servicio de Evaluación de Tecnologías Sanitarias del Departamento de Salud del Gobierno Vasco, servicio que naceu co obxectivo de promover o uso apropiado de Tecnoloxías Sanitarias en termos de seguridade, efectividade, accesibilidade e equidade, proporcionando información necesaria para a toma de decisións no Sistema de Saúde de Euskadi.

 Osteba durante este tempo traballou na optimización dos métodos de traballo da Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias, tanto para as buscas bibliográficas, como a lectura crítica dos diferentes deseños das investigacións, a evaluación económica, a identificación e avaliación de tecnoloxías emerxentes e obsoletas, a formulación de recomendacións e a elaboración de Guías de Práctica Clínica. Ademáis ten conseguido unha visibilidade internacional, como se amosa nas diferentes presentacións do evento, no que participan representantes das principais axencias Europeas, e o feito de que a Rede Internacional Euroscan aproveitara este foro para realizar a súa Reunión científica de outono.​

 Neste contexto, avalia-t presentou un relatorio sobre a “Red Española de Identificación de nuevas tecnologías – GENTecS”.​