Avalia-t participou en Madrid, no Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade, na xornada científica de GuiaSalud "Novedades na elaboración e implementación de guías de práctica clínica"
Organizada pola Dirección Xeral de Saúde Pública, Calidade e Innovación do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade en colaboración co Instituto Aragonés de Ciencias da Saúde como Secretaría de GuíaSalud.

Os obxectivos desta actividade foron dar a coñecer os avances e retos no desenvolvemento de Guías de Práctica Clínica (GPC) para mellorar seus procesos de elaboración, actualización e implementación. Tamén  presentóuse o novo manual de Elaboración de GPC do Programa de guías no SNS, no que participaron técnicos de avalia-t, e discutíronse diferentes aspectos do sistema GRADE (Grading of Recommendations Assessment, Development and Evaluation) como método para mellorar as GPC e favorecer o seu uso. Este último tema foi abordado por Andrew D. Oxman do Norwegian Institute of Public Health, membro fundador do grupo GRADE.

A xornada dirixiuse a axencias e unidades de avaliación de tecnoloxías sanitarias, profesionais sanitarios implicados no desenvolvemento de GPC, sociedades  científicas, asociacións de pacientes, medios de comunicación especializados e outros axentes interesados.
 
 
Video Introducción Jornada Guía Salud
 
FullSizeRender.jpg