Coincidindo coa celebración do Día Mundial da Saúde Mental, quedou constituido onte, 10 de outubro, o grupo de traballo que se encargará de elaborar o Plan galego de saúde mental, no que participará a Unidade de Asesoramento Científico-técnico, avalia-t (ACIS).

 O grupo quedará conformado, ademais de pola propia Consellería de Sanidade, por diferentes profesionais implicados na asistencia á saúde mental, representantes doutras institucións e colectivos entre os que se atopan asociacións de profesionais, de familiares e de pacientes.

 Avalia-t ten en marcha proxectos como a elaboración dunha guía de práctica clínica de atención á saúde mental na infancia e na adolescencia, e un proxecto que levará aos hospitais galegos a Biblioterapia como ferramenta de axuda ao pacientes con problemas psicosociais ou trastornos mentais.

20171011planSaude.jpg


Máis información