Avalia-t participou os días 27 e 28 de abril en Zaragoza nas Xornadas "10 aniversario da Rede Española de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias. Cara á implicación dos pacientes". Organizadas polo Instituto Aragonés de Ciencias da Saúde (IACS) xunto coa Rede Española de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias e a Axencia de Consumidores, Saúde, Agricultura e Alimentación da Comisión Europea (CHAFEA), tiveron como obxectivo principal impulsar a participación dos pacientes para mellorar a toma de decisións no Sistema Nacional de Saúde.

 
Ademais da presentación de experiencias pioneiras como a de Canadá na implicación dos pacientes en avaliación de tecnoloxías sanitarias, tamén participaron representantes do Foro Europeo de Pacientes, Academia Europea de Pacientes ou do Rare Disease Europe (Eurordis), entre outros. Avalia-t presentou a súa experiencia co emprego de métodos mixtos de investigación cualitativa para integrar as visións e experiencias dos pacientes e familiares nas Guías de Práctica Clínica.
 

20170427-ComunicacionYolanda.png

 

20170427_170927.jpg