O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, destacou o papel cada vez máis activo dos pacientes no sistema sanitario.

Para o conselleiro de Sanidade, o paciente fíxose consciente dos seus dereitos e o sistema debe aceptar este novo papel, “e por tanto temos tamén que desenvolver ferramentas para permitir e facilitar esta participación”. Así o salientou o conselleiro de Sanidade nun novo acto enmarcado na celebración do 25 aniversario da transferencia á Comunidade Autónoma das funcións e servizos do Instituto Nacional da Saúde.

No contesto destes actos, Rosendo Bugarín participou nunha mesa moderada por Pilar Farjas Abadía, enmarcada dentro dos actos que se están a celebrar para commemorar o 25 aniversario do Servizo Galego de Saúde. 


Nesta mesa, dedicada aos pacientes participaron tamén  José María Gómez e Días-Castroverde presidente da sala do contencioso-administrativo do TSJ de Galicia e José Joaquín Mira Solves, profesor da Univesidad Miguel Hernández de Elche. 

A presentación da mesa correu a cargo de Antonio Férnandez- Campa, Xerente do Servizo Galego de Saúde.

Conselleiro.jpg

IMG_6835.JPG

IMG-20160524-WA0001.jpg